Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 27 de maio de 1998 Páx. 5.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1998 pola que se publica a contratación da subministración de material de oficina para as dependencias municipais.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Praza de España s/n, 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: a subministración de material de oficina para as dependencias municipais.

b) Lugar de entrega: Casa do Concello.

c) Prazo de entrega: o adxudicatario queda obrigado a entregar no prazo de 3 días os materiais ofertados no Lote I e no prazo de 15 días os ofertados no Lote II, unha vez que sexan requiridos polo funcionario municipal encargado do almacén, nas cantidades máximas sinaladas na cláusula 2ª do prego.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación: lote I: 4.325.586 ptas., e lote II: 1.859.952 ptas., incluído todo xénero de gatos e IVE.

5. Garantías:

a) Provisional: lote I: 86.512 ptas; Lote II: 37.199 ptas.

b) Definitiva: Lote I: 173.023 ptas.; lote II: 74.398 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España s/n, 36071 Pontevedra. Teléfono: (986) 80 43 00. Fax: 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: cláusula 10ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. De 9 a 13 horas.

d) Prazo no que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

8. Apertura das ofertas: serán abertas pola mesa de contratación ás 10.15 horas do primeiro luns hábil seguinte ó da terminación do prazo sinalado para a presentación de ofertas.

9. Gastos: serán pola conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os de anuncios que xere o procedemento e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e muncipais que deriven do contrato de subministración, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

d) Os de transporte e entrega da subministración.

Pontevedra, 15 de abril de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

3949