Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 27 de maio de 1998 Páx. 5.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (137/1997).

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria, celebrada con data do 16 de abril adoptou, entre outros o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente a petición de Gumersindo López González, o proxecto de urbanización en Vilar das Tres, logo da garantía polo importe de 1.190.773 ptas. (un millón cento noventa mil setecentas setenta e tres pesetas) para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo cos da edificación.

Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativa a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte ó da presente publicaión.

No obstante o recurso indicado, poderá utilizar outros que así crera conveniente.

Este anuncio suple as circunstancias que puideran concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 22 de abril de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

3949