Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 27 de maio de 1998 Páx. 5.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, na súa sesión celebrada o día vinteoito de abril de mil novecentos noventa e oito, acordou:

1. Aprobar con carácter definitivo o documento de modificación do plan parcial de Cordeda 2ª fase, ámbito dos cuarteiróns: M-8, M-9 e M-10, promovido pola sociedade EPAAT S.L. e redactado polo arquitecto José Mantiñán Soler, segundo texto con visado colexial do 24 de marzo de 1998, condicionando a eficacia deste acordo á presentación da garantía establecida no Art. 46 c) do Regulamento de planeamento urbanístico de conformidade con establecido no seu artigo 139.3º, o que se realizará no prazo dun mes contado desde a notificación deste acordo, que servirá de requirimento para o efecto.

2. Unha vez prestada a garantía a que se refire o punto anterior, procederase á publicación do acordo aprobatorio no DOG e no BOP, así como neste último o texto íntegro da normativa e ordenanzas contidas no documento aprobado.

3. Comunicar este acordo á delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dándolle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do documento aprobado debidamente dilixenciados.

4. Determinar que este acordo é firme na vía administrativa e que se pode impugnar ante a xurisdicción contencioso-administrativa no prazo e forma presvistos na súa lei reguladora.

Culleredo, 14 de maio de 1998.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde

3954