Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 27 de maio de 1998 Páx. 5.819

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1998 pola que se publica a contratación da subministración de diverso material para sinalización vertical para o ano 1998.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Praza de España s/n, 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: a subministración de diverso material para a sinalización horizontal para o año 1998.

b) Lugar de entrega: Casa do Concello.

c) Prazo de entrega: o adxudicatario queda obrigado a efectua-la entrega da subministración dentro dos trinta días seguintes a data do contrato de adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación: 7.510.263 ptas., incluído todo xénero de gatos e IVE.

5. Garantías:

a) Provisional: 150.205 ptas.

b) Definitiva: 300.410 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España s/n, 36071 Pontevedra. Teléfono: (986) 80 43 00. Fax: 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: cláusula 9ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. De 9 a 13 horas.

d) Prazo no que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

8. Apertura das ofertas: serán abertas pola mesa de contratación ás 10.15 horas do primeiro luns hábil seguinte ó da terminación do prazo sinalado para a presentación de ofertas.

9. Gastos: serán pola conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os de anuncios que xere o procedemento e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e muncipais que deriven do contrato de subministración, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

d) Os de transporte e entrega da subministración.

Pontevedra, 15 de abril de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

4868