Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 27 de maio de 1998 Páx. 5.813

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 12 de maio de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro no recurso ordinario interposto contra a resolución do delegado provincial de Ourense, desta consellería, do 20 de maio de 1997.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselle ó interesado, cos datos e último domicilio coñecido que se sinalan, a resolución do recurso ordinario nº OU-0098/97, interposto contra resolución do delegado provincial de Ourense, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais do 20 de maio de 1997, pola que se lle impón unha sanción de 15.000 ptas. pola comisión dunha infracción en materia de horarios de espectáculos e establecementos públicos, no establecemento Bar Mexilón concello de Ourense, a súa parte dispositiva di:

«Desestima-lo recurso ordinario Nº OU-0098/97 interposto por Isolina Couso Garrido contra resolución do delegado provincial de Ourense, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais do 20 de maio de 1997, pola que se lle impón unha sanción de 15.000 ptas, pola comisión dunha infracción en materia de horarios de peche de espectáculos e establecementos públicos, no establecemento Bar Mexilón de Ourense que, en consecuencia, se confirma.

Contra a presente resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, lembrándolle que de conformidade co artigo 110.3º da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común deberá comunicalo previamente ó órgano que a adoptou, e sen prexuízo de que o interesado poida presentar calquera outro recurso que coide conveniente.

O importe da sanción deberá ingresarse no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e sancións que se xuntou coa resolución da delegación provincial, a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida da Consellería de Xustiza,

Interior e Relacións Laborais, recadación de multas e sancións de espectáculos públicos número 2046/0030/24-404000200/4, en calquera das oficinas da entidade bancaria Caixa Ourense, facendo consta-lo número do expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ó cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición terceira da Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (Diario Oficial de Galicia do 3 de xuño).

E para que conste e sirva de notificación, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o 12 de maio de 1998.

Francisco Javier Rubio Delgado

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

4202