Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 27 de maio de 1998 Páx. 5.813

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1998 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Abastecemento auga parroquias Angoares, San Mateo, Moreira, Cristiñade e Ganade-desagregado, 2ª fase. (Ponteareas-Pontevedra).

A Adxudicatario: Espina Obras Hidráulicas, S.A.

Orzamento: 60.875.661 ptas.

Colectores xerais e E.D.A.R. de Laracha (A Coruña).

Adxudicatario: Espina y Delfín, S.L.

Orzamento: 214.003.443 ptas.

Abastecemento a Balonga, Pol (Lugo).

Adxudicatario: Proyecón Galicia, S.A.

Orzamento: 26.985.000 ptas.

Distribución do abastecemento de augas ás Mariñas, Oia (Pontevedra).

Adxudicatario: Excavaciones y Construcciones Manuel Pérez Portela, S.L.

Orzamento: 33.482.815 ptas.

Saneamento de Muimenta, Cospeito (Lugo).

Adxudicatario: (UTE) Espina Obras Hidráulicas, S.A. e Obras y Viales Bascuas, S.L.

Orzamento: 161.500.000 ptas.

Saneamento integral de Arbo (Pontevedra).

Adxudicatario: (UTE) Movex Vial, S.L. e Demain, S.L.

Orzamento: 248.800.000 ptas.

Ampliación dos colectores de Redondela (Pontevedra).

Adxudicatario: J. Malvar Construcciones, S.A.

Orzamento: 354.216.152 ptas.

AT para apoio técnico ó Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico.

Adxudicatario: Norcontrol, S.A.

Orzamento: 26.296.620 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto lle pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora de xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento

Santiago de Compostela, 5 de maio de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia

4045