Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 27 de maio de 1998 Páx. 5.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 12 de maio de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro no recurso ordinario interposto contra a resolución da delegada provincial da Coruña, desta consellería, do 25 de abril de 1997.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselle ó interesado, cos datos e último domicilio coñecido que se indican, a resolución do recurso ordinario nºAC-3361/96, interposto contra resolución da delegada provincial da Coruña da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais do 25 de abril de 1997, pola que se lle impón unha sanción de 50.000 ptas. pola comisión dunha infracción en materia de horarios de espectáculos e establecementos públicos, no establecemento Bar Rocamar do concello da Coruña; a súa parte dispositiva di:

«Desestima-lo recurso ordinario Nº AC-3361/96 interposto por Divina Florentina Figueira Siaba contra resolución da delegada provincial da Coruña da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais do 25 de abril de 1997, pola que se lle impón unha sanción de 50.000 ptas. pola comisión dunha infracción en materia de horarios de peche de espectáculos e establecementos públicos, no establecemento Bar Rocamar da Coruña, que en consecuencia se confirma.

Contra a presente resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, lembrándolle que de conformidade co artigo 110.3º da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común deberá comunicalo previamente ó órgano que o adoptou, e sen prexuízo de que o interesado poida presentar calquera outro recurso que coide conveniente.

O importe da sanción deberá ingresarse no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e sancións que se xuntou coa resolución provincial a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, recadación de multas e sancións de espectáculos públicos número 2091/0707/01/3110000025, en calquera das oficinas da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo consta-lo número do expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ó cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición terceira da Orde

do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (Diario Oficial de Galicia do 3 de xuño).

E para que conste e sirva de notificación, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o 12 de maio de 1998.

Francisco Javier Rubio Delgado

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

4817