Por Resolución do 6 de abril de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG nº 73, do 17 de abril de 1998, apróbanse as relacións de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Xunta de Galicia (grupo B).
Transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas relativas ás citadas relacións de admitidos e excluídos, e resoltas estas, de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia na base I.4.2 das que rexen as probas selectivas convocadas pola Orde do 30 de decembro de 1997, publicada no DOG nº 11, do 19 de xaneiro de 1998. Esta dirección xeral,
RESOLVE:
Aproba-las listas definitivas de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Xunta de Galicia (grupo B).
A lista definitiva de aspirantes excluídos figura publicada como anexo a esta resolución.
As listas definitivas de aspirantes admitidos estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.
Para efectos de información, o teléfono de contacto é o (902) 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas de lunsa a venres e de 9 a 14 horas os sábados.
De conformidade co establecido na base 1.3.1, os solicitantes excluídos disporán do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para solicita-la devolución dos dereitos de exame aboados, debendo consigna-lo nome e apelidos, NIF, grupo/s ós que se presentou e o número de conta, entidade bancaria e a localidade desta.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG.
Santiago de Compostela, 18 de maio de 1998.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública
Relación de excluídos ó proceso selectivo para o acceso a funcionarios de corpos de Administración xeral da Xunta de Galicia grupo B, corpo de xestión de Administración. Promoción interna.
exclusión
Apelidos e nome DNI Disc. Causas
Mosquera Patiño, Gumersindo 35.446.458 30, 56
Refojo Rodríguez, María del Carmen 34.989.636 20
Rodríguez Rodríguez, Ángel 35.302.221 20
Relación de excluídos ó proceso selectivo para o acceso a funcionarios de corpos de Administración xeral da Xunta de Galicia grupo B, corpo de xestión de Administración. Acceso libre.
exclusión
Apelidos e nome DNI Disc. Causas
Agra Ramírez, María 35.313.932 20
Losa Quintela, María Luz 40.558.119 53
Paino Rodríguez, Marta María 34.893.904 20
Reboredo Pereiro, José Carlos 33.283.377 20
Causas de exclusión.
10Instancia fóra de prazo.
20Taxas baremo non aboadas.
21Importe taxas ingresadas inferior ó
estipulado.
30Menos de dous anos no grupo
inmediatamente inferior.
31Opta á quenda de minusválidos sen o 33%
de minusvalidez.
40Presentarse ó grupo por promoción interna
e acceso libre á vez.
50Instancia incorrecta (emendas,
riscaduras...).
51Instancia incorrecta (falta de sinatura).
52Non posuí-la nacionalidade española.
53Falta do DNI ou DNI incorrecto.
54Non ter cumpridos os 18 anos.
55Non cumpri-lo requisito de titulación.
56Non presenta-lo anexo III.
57Non pertencer ó corpo/escala do grupo
correspondente.
4814