Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 27 de maio de 1998 Páx. 5.793

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Xunta de Galicia (grupo A).

Por Resolución do 6 de abril de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG nº 73, do 17 de abril de 1998, apróbanse as relacións de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Xunta de Galicia (grupo A).

Transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas relativas ás citadas relacións de admitidos e excluídos, e resoltas estas, de con

formidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia na base I.4.2 das que rexen as probas selectivas convocadas pola Orde do 30 de decembro de 1997, publicada no DOG nº 10, do 16 de xaneiro de 1998. Esta dirección xeral,

RESOLVE:

Aproba-las listas definitivas de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Xunta de Galicia (grupo A).

A lista definitiva de aspirantes excluídos figura publicada como anexo a esta resolución.

As listas definitivas de aspirantes admitidos estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Provincial da Consellería de Pesca, Maris

queo e Acuicultura en Vigo, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o (902) 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas de lunsa a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

De conformidade co establecido na base 1.3.1, os solicitantes excluídos disporán do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para solicita-la devolución dos dereitos de exame aboados, debendo consigna-lo nome e apelidos, NIF, grupo/s ós que se presentou e o número de conta, entidade bancaria e a localidade desta.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 1998.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

Relación de excluídos ó proceso selectivo para o acceso a funcionarios de corpos de Administración xeral da Xunta de Galicia grupo A, corpo superior de Administración. Promoción interna.

Apelidos e nomeDNIDisc.Causas

exclusión

Brenlla López, Claudia32.762.00020

Gil Atrio, Rosa34.608.89930, 20, 10, 56, 53

Relación de excluídos ó proceso selectivo para o acceso a funcionarios de corpos de Administración xeral da Xunta de Galicia grupo A, corpo superior de Administración. Acceso libre.

Apelidos e nomeDNIDisc.Causas

exclusión

Agra Ramírez, María35.313.93220

Alonso Losada, Cristina32.821.91553

Díaz González, Manuel33.330.67810

Fernández Quintas, María Luz34.963.96353

Orduña Domingo, María Teresa10.036.98610

Paino Rodríguez, Marta María34.893.90420

Rodríguez Rodríguez, Ángel35.302.22120

Causas de exclusión.

10Instancia fóra de prazo.

20Taxas baremo non aboadas.

21Importe taxas ingresadas inferior ó

estipulado.

30Menos de dous anos no grupo

inmediatamente inferior.

31Opta á quenda de minusválidos sen o 33%

de minusvalidez.

40Presentarse ó grupo por promoción interna

e acceso libre á vez.

50Instancia incorrecta (emendas,

raspaduras...).

51Instancia incorrecta (falta de sinatura).

52Non posuí-la nacionalidade española.

53Falta do DNI ou DNI incorrecto.

54Non ter cumpridos os 18 anos.

55Non cumpri-lo requisito de titulación.

56Non presenta-lo anexo III.

57Non pertencer ó corpo/escala do grupo

correspondente.

4791