Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 27 de maio de 1998 Páx. 5.795

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de maio de 1998 pola que se declaran aptos na fase de prácticas os opositores que superaron o procedemento selectivo para ingreso no corpo de mestres, convocado pola Orde do 25 de marzo de 1997 (DOG do 2 de abril).

Pola Orde do 26 de setembro de 1997 nomeáronse funcionarios en prácticas do corpo de mestres os opositores que superaron o procedemento selectivo convocado pola Orde do 25 de marzo de 1997 (DOG do 2 de abril).

Rematada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Declarar aptos para a fase de prácticas e aprobados definitivamente no procedemento selectivo para ingreso no corpo de mestres, convocado pola Orde do 25 de marzo de 1997 (DOG do 2 de abril) os opositores que figuran no anexo da Orde do 26 de setembro de 1997, agás os que se lles concedeu o aprazamento da fase de prácticas pola Resolución do 20 de outubro de 1997 (DOG do 31).

Santiago de Compostela, 18 de maio de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

4707