Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 26 de maio de 1998 Páx. 5.759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIMIANZO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, na sesión ordinaria que tivo lugar o día vinteoito de marzo de mil novecentos noventa e oito, aprobou o prego de cláusulas administrativas para o concurso público aberto de contratación do servicio de limpeza do colexio público de EXB de Baíñas.

Con este anuncio exponse ó público o prego, na secretaría municipal, para que durante o prazo de oito días, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, se poidan presenta-las reclamacións que se consideren oportunas.

Ó mesmo tempo, e para o caso de que non se presenten reclamacións, convócase a licitación de acordo coas seguintes condicións:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Vimianzo.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

c)Número de expediente: 01/98.

2.Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: prestación do servicio de limpeza do colexio público de EXB de Baíñas.

b) Lugar de execución: Baíñas.

c) Prazo de execución: un ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación: o orzamento de licitación é de 1.765.000 pesetas anuais, IVE incluído.

5. Garantías:

a) Provisional: 2% sobre o tipo de licitación.

b) Definitiva: 4% sobre o importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Vimianzo.

b) Enderezo: Praza do Concello, nº 6.

c) Localidade e código postal: Vimianzo 15129.

d) Teléfono: (981) 71 60 01 - 71 60 26.

e) Fax: (981) 71 66 50.

f) Data límite para obter documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: rematará ós vinteseis días naturais, contados desde o seguinte ó da data de publicación deste anuncio no BOP.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 10ª do prego de cláusulas.

c) Lugar de presentación:

Entidade: Concello de Vimianzo.

Enderezo: Praza do Concello, nº 6.

Localidade e código postal: Vimianzo 15129.

d) Prazo durante o cal o licitador ten a obriga de mante-la súa oferta: vinte días contados desde o seguinte ó da apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Vimianzo.

b) Enderezo: Praza do Concello, nº 6.

c) Localidade: Vimianzo.

d) Data: o primeiro luns hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: ás 18 horas.

10. Outras informacións: ningunha.

11. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios, así como os de formalización de fianzas e contratos, serán por conta do contratista que resulte adxudicatario.

Vimianzo, vinteún de abril de mil novecentos noventa e oito.

Alejandro Rodríguez Lema

Alcalde

4841