Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 26 de maio de 1998 Páx. 5.760

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MANCOMUNIDADE DA ÁREA INTERMUNICIPAL DE VIGO

ANUNCIO do concurso aberto para a contratación da asistencia técnica para a realización dun programa de circulación de ideas empresariais no marco do programa Proder.

1. Entidade adxudicataria: organismo, Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo (MAIV). Dependencia, Grupo de Acción Local do programa Proder. Nº de expediente, 62001.

2.Obxecto do contrato: descrición, asistencia técnica para a realización dun programa de circulación de ideas empresariais no marco do programa Proder.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: nove meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 4.750.000 ptas.

5. Garantías:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención da documentación e información: rexistro MAIV, rúa da Hispanidade nº 17, 36203 Vigo. Teléfono (986) 42 33 66, fax (986) 47 14 44.

Data límite para solicitar documentación: ata o día da finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira en calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 13/1995.

A solvencia técnica acreditarase mediante a presentación de certificados que acrediten calquera dos medios previstos no artigo 19 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: data límite, 13 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día de apertura de proposicións.

9. Apertura e ofertas: entidade, domicilio e localidade: na sede da Mancomunidade de Vigo, sita na Rúa da Hispanidade, 17, 36203 Vigo.

Data e hora: 12 horas do primeiro martes seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase ó recollido na cláusula 22ª do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 6 de maio de 1998.

O presidente

Rubricado