1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Vimianzo.
b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.
c)Número de expediente: 01/98.
2.Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: construcción polideportivo descuberto en Carantoña.
b) Lugar de execución: parroquia de Carantoña.
c) Prazo de execución: tres meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento de licitación: cinco millóns trescentas cincuenta e oito mil vintecinco (5.358.025) pesetas.
5. Garantías:
a) Provisional: 2% sobre o tipo de licitación.
b) Definitiva: 4% sobre o importe de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Vimianzo.
b) Enderezo: Praza do Concello, nº 6.
c) Localidade e código postal: Vimianzo 15129.
d) Teléfono: (981) 71 60 01 - 71 60 26.
e) Fax: (981) 71 66 50.
f) Data límite para obter documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se pide.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: rematará ós vinteseis días naturais, contados desde o seguinte ó da data de publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, segundo sexa o último publicado.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 12ª do prego de condicións.
c) Lugar de presentación:
Entidade: Concello de Vimianzo.
Enderezo: Praza do Concello, nº 6.
Localidade e código postal: Vimianzo 15129.
d) Prazo durante o cal o licitador ten a obriga de mante-la súa oferta: dous meses contados desde o seguinte ó da apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello de Vimianzo.
b) Enderezo: Praza do Concello, nº 6.
c) Localidade: Vimianzo.
d) Data: o primeiro luns hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.
e) Hora: ás 18 horas.
10. Outras informacións: ningunha.
11. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios, así como os de formalización de fianzas e contratos, serán por conta do contratista que resulte adxudicatario.
Vimianzo, vinte de abril de mil novecentos noventa e oito.
Alejandro Rodríguez Lema
Alcalde
3943