Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 26 de maio de 1998 Páx. 5.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1998, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para contratación da subministración sucesiva de material de hemodinámica para este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto. (Expediente 12/1998).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde de 22 de maio de 1996 (DOG do 6-6-1996) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do servicio: contratación administrativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela. Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras s/n 15705 Santiago de Compostela. Teléfono: (981) 54 05 36. Fax: (981) 54 01 49.

2.a) Modalidade de adxudicación: concurso aberto e ordinario.

b) Forma do contrato obxecto de licitación: subministración sucesiva.

3.a) Lugar de entrega : no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: subministración sucesiva de material de hemodinámica (15 lotes).

Importe: 46.497.900 ptas. (corenta e seis millóns catrocentas noventa e sete mil novecentas pesetas), IVE incluído.

Duración: 10 meses, prorrogables segundo os termos que establece o apartado 3.5 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Licitación: á totalidade ou a un ou máis lotes.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo as necesidades do complexo hospitalario.

5.a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-lo prego de condicións e os documentos complementarios: o que figura no punto 1.

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 22 de xuño de 1998.

c) De se-lo caso, importe e modalidades de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: non.

6.a) Data límite de recepción de ofertas: 29 de xuño de 1998.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: ver punto 1.

c) Lingua o linguas nas que deberán redactarse as ofertas: castelán e/ou galego.

7.a) Persoas admitidas a asistir a apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: sala de xuntas do Hospital Xeral de Galicia a partir das 10 horas do décimo sexto día natural contado a partir do último día de recepción de ofertas.

8. Garantías esixidas.

Provisional : 2% do orzamento estimado.

Definitiva : 4% do orzamento estimado.

Constituiranse segundo establecen os artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións publicas (BOE nº 119, do 19-5-1995).

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/o ou referencia ós textos que as regulan: o pagamento realizarase en metálico segundo entregas realizadas.

10. De se-lo caso, forma xurídica que deberá adop ta-la unión de empresarios adxudicataria do contrato: a que establece o artigo 24 da Lei 13/1995.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que debe

reuni-lo provedor: ver cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: segundo o apartado 10 da folla de especificacións.

14. Se é o caso, prohibición de variantes: non se admiten.

15. Información complementaria: ver servicio do punto 1.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación:

17. Data de envío do anuncio: 8 de maio de 1998.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):

Santiago de Compostela, 4 de maio de 1998.

Manuel Ariza López

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela

4443