Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 26 de maio de 1998 Páx. 5.757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1998, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para contratación da subministración sucesiva de material para banco de sangue e hemostasia para este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto. (Expediente 13/1998).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6-6-1996) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do servicio : contratación administrativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela. Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras s/n 15705 Santiago de Compostela. Teléfono: (981) 54 05 36. Fax: (981) 54 01 49.

2.a) Modalidade de adxudicación: concurso aberto e ordinario.

b) Forma do contrato obxecto de licitación : subministración sucesiva.

3. a) Lugar de entrega : no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: subministración sucesiva de material para banco de sangue e hemostasia (6 lotes).

Importe: 37.849.499 ptas. (trinta e sete millóns oitocentas corenta e nove mil catrocentas noventa e nove pesetas), IVE incluído.

Duración: un ano, prorrogable segundo os termos que establece o apartado 3.5 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Licitación: á totalidade ou a un ou máis lotes.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo as necesidades do complexo hospitalario.

5.a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-lo prego de condicións e os documentos complementarios: o que figura no punto 1.

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 22 de xuño de 1998.

c) De se-lo caso, importe e modalidades de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: non.

6.a) Data límite de recepción de ofertas: 29 de xuño de 1998.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deberán redactarse as ofertas: castelán e/ou galego.

7.a) Persoas admitidas a asistir a apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: sala de xuntas do Hospital Xeral de Galicia a partir das 10 horas do décimo sexto día natural contado a partir do último día de recepción de ofertas.

8. Garantías esixidas.

Provisional : 2% do orzamento estimado.

Definitiva : 4% do orzamento estimado.

Constituiranse segundo establecen os artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións publicas (BOE nº 119, de 19-5-1995).

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencia ós textos que as regulan: o pagamento realizarase en metálico segundo entregas realizadas.

10. De se-lo caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicataria do contrato: a que establece o artigo 24 da Lei 13/1995. 11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que debe reuni-lo provedor: ver cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a sua oferta: 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: segundo o apartado 10 da folla de especificacións.

14. Se é o caso, prohibición de variantes: no se admiten.

15. Información complementaria: ver servicio do punto 1.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación:

17. Data de envío do anuncio: 8 de maio de 1998.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 4 de maio de 1998.

Manuel Ariza López

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela

4784