A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6-6-1996) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:
1. Nome e enderezo do servicio : contratación administrativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela. Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras,
s/n 15705 Santiago de Compostela. Teléfono: (981) 54 05 36. Fax: (981) 54 01 49.
2.a) Modalidade de adxudicación: concurso aberto e ordinario.
b) Forma do contrato obxecto de licitación : subministración sucesiva.
3.a) Lugar de entrega : no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.
b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: subministración sucesiva de marcapasos (12 lotes).
Importe: 67.447.000 ptas ( sesenta e sete millóns, catrocentas corenta e sete mil pesetas), IVE incluído.
Duración: un ano, prorrogable segundo os termos que establece o apartado 3.5 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.
c) Licitación: á totalidade ou a un ou máis lotes.
4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo as necesidades do complexo hospitalario.
5.a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitar o prego de condicións e os documentos complementarios: o que figura no punto 1.
b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 22 de xuño de 1998.
c) Se é o caso, importe e modalidades de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: non.
6.a) Data límite de recepción de ofertas: 29 de xuño de 1998.
b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas : ver punto 1.
c) Lingua ou linguas nas que deberán redactarse as ofertas: castelán e/ou galego.
7.a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: acto público.
b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: sala de xuntas do Hospital Xeral de Galicia a partir das 10 horas do décimo sexto día natural contado a partir do último día de recepción de ofertas.
8.Garantías esixidas.
Provisional : 2% do orzamento estimado.
Definitiva : 4% do orzamento estimado.
Constituiranse segundo establecen os artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (BOE nº 119, do 19-5-1995).
9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/o referencia ós textos que as regulan: o pagamento realizarase en metálico segundo as entregas realizadas.
10. De se-lo caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicataria do contrato: a que establece o artigo 24 da Lei 13/1995.
11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que debe reuni-lo provedor: ver cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.
13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: segundo o apartado 10 da folla de especificacións.
14. Se é o caso, prohibición de variantes: admítense variantes. (Segundo o apartado 4.4º da folla de especificacións.
15. Información complementaria: ver servicio do punto 1.
16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: non publicado.
17. Data de envió do anuncio: 8 de maio de 1998.
18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):
Santiago de Compostela, 4 de maio de 1998.
Manuel Ariza López
Xerente xeral do Complexo Hospitalario
de Santiago de Compostela
4444