Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 26 de maio de 1998 Páx. 5.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1998 pola que se fai público o acordo do consello rector que aproba as bases que rexerán na convocatoria de convenios de producción e/ou distribución de espectáculos teatrais con empresas de teatro profesionais.

Obxecto: convenio con compañías ou empresas de teatro galegas de carácter profesional para a pro

ducción e/ou distribución de espectáculos teatrais.

Orzamento: cen millóns de pesetas (100.000.000 de ptas.).

Prazo de execución: ata o 30 de abril de 1999.

As bases da convocatoria, así como o modelo de proposición, poderán ser examinados e/ou solicitado o seu envío por correo na sede administrativa do IGAEM, (Pavillón de Galicia. San Lázaro. Apartado de Correos 150. Santiago de Compostela).

A presentación de proposicións efectuaranse no rexistro xeral do IGAEM (Pavillón de Galicia. San Lázaro. Santiago de Compostela), en dous sobres pechados e axustándose ó modelo que se une como anexo as bases, por calquera dos procedementos previstos no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Dentro dos quince días seguintes ó remate do prazo, a mesa de contratación designada para o efecto abrirá o sobre A e decidirá qué compañías reúnen os requisitos de profesionalidade esixidos para participar nesta convocatoria de convenios. Posteriormente, unha comisión de valoración formada por un presidente e catro vocais designados polo consello rector do IGAEM e elixidos entre persoas de recoñecido prestixio do mundo da cultura e das artes escénicas, estudiará as proposicións e elevará ó consello rector a relación de compañías coas que, de acordo cos criterios de selección, este instituto procederá a establecer convenios de producción e/ou de distribución.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 1998.

Aníbal Otero Fernández

Xerente do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais

4482