Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 26 de maio de 1998 Páx. 5.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 46/1998).

De conformidade co disposto no título IX da lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 30 de octubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na Avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten e aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV,

sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 171 m de lonxitude, con orixe na liña Sigrás-Carral e final, que se instalará no C.T. Coiro. Centro de transformación, tipo intemperie, sobre apoio de formigón de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Coiro, do que parte rede de baixa tensión sobre apoio de formigón e conductor R.Z. de 110 m de lonxitude. Municipio de Carral (expediente 46/1998).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Coiro.

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e solicitar datos para a identificación dos bens que se afecten; e

examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2º andar, edificio administrativo (Monelos), praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña, podendo formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes á presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 22 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 46/1998Provincia: A Coruña

L.M.T. ó C.T. CoiroTermo municipal: Carral

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1O PedridoLabradíoHrdos. de Manuel VeloVíctor Velasco, 7, 15175 Carralœ-11Lat. R.5

2O PedridoLabradíoGumersindo Lema LemaReboredo, 30, 15175 Paleo-Carral œ-1128280

3O PedridoLabradíoLuis Gestal SantosParaíso, 35-3º, 15175 Paleo-Carral21210

4O PedridoLabradíoHrdos. Emilia Pérez RaposoAvda. dos Chas, s/n, 15175 Carral28280

5O CarballoLabradíoLuis Guimarey BrandarizCoiro, 31, 15175 Coiro-Carral2243427

6O CarballoLabradíoHrdos. Emilia Pérez RaposoAvda. dos Chas, s/n, 15175 CarralLat.3

7O CarballoPradoAntonio Pérez FidalgoRúa Costa do Pincho, 28-2º I, 15175 CarralC.T.648606

8O CarballoPradoObdulia Touriñán InsuaXeneral Franco, 15175 CarralLat.37

9O CarballoPradoLuis Guimarey BrandarizCoiro, 13, 15175 Coiro-CarralLat.40

4087