Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 26 de maio de 1998 Páx. 5.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/127-2, 4818 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 27000 Lugo.

Denominación: L.M.T.e C.T. Ferreira-A Castellana.

Situación: O Valadouro.

Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor D.H.V.-3x150, en canalización subterránea. centro de transformación de 250 kVA 20.000/380-220 V, para mellora do servicio eléctrico en Ferreira-A Castellana, concello do Valadouro.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran

nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 23 de abril de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3907