Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 26 de maio de 1998 Páx. 5.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución, do parque eólico denominado Muras I. (Expediente 002-EOL).

Examinado o expediente instruído por instancia do Grupo Auxiliar Metalúrxico S.A. (Gamesa), con enderezo para efectos de notificacións en Avda. Cruceiro da Coruña, 15705 Santiago de Compostela, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Muras l; esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-O día 10 de febreiro de 1997 Ahmed Moussa Bakri, en nome e representación de Gamesa, solicitou a autorización administrativa das instalacións, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial do parque eólico denominado Muras l de 24,42 MW, presentando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovable e Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O 9 de marzo de 1998, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, que ten as seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

Nome: Muras I.

Municipio: Muras.

Vértices:

X (lonxitude): 603.000; 603.350; 603.000; 604.000: 603.500; 601.500; 601.500; 602.000; 601.500.

Y (latitude): 4.882.000; 4.819.500; 4.818.500; 4.817.500; 4.817.310; 4.819.500; 4.820.000; 4.820.000; 4.822.000.

Nº de aeroxeradores: 37.

Potencia unitaria por aeroxerador: 660 kW.

Potencia total instalada: 24,42 mW.

Altura das torres: 45 m.

Diámetro das pas: 42 m.

Producción estimada: 77.580 MWh/ano.

Investimento previsto: 3.543.549.084 ptas.

Terceiro.-O 29 de xullo de 1997, a Comisión Galega de Medio Ambiente acordou aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Cuarto.-O 21 de novembro de 1997, Gamesa, como titular do plan eólico denominado PEE Gamesa, solicitou o recoñecemento como instalación acollida ó réxime especial de producción eléctrica, ó abeiro do previsto no Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, para determinados parques que se implantarán como consecuencia do desenvolvemento do citado plan eólico.

Quinto.-O 25 de novembro de 1997, a Dirección Xeral de Industria, resolveu recoñece-la condición de instalación acollida ó réxime especial de producción eléctrica a determinados parques eólicos que se van implantar como consecuencia do desenvolvemento do Plan Eólico Estratéxico denominado PEE Gamesa, entre os que figura o parque eólico de Muras I.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio, 292/1995, do 3 de novembro e 187/1997, do 3 de xullo, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e o Decreto 205/1995, xa citados.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto, cumpríronse os trámites regulamentarios para a autorización da instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Muras I e a aprobación do seu proxecto de execución, pero non para a declaración de utilidade pública das citadas instalacións, pois a empresa solicitante non cumpriu o trámite

previsto para o efecto no artigo 52 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, de aplicación a este expediente segundo o disposto na disposición transitoria segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1º Autorizarlle ó Grupo Auxiliar Metalúrxico S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Muras I, que se situará no concello de Muras.

2º Aproba-lo proxecto de execución da instalación que se autoriza.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Gamesa, para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza por importe de 70.870.982 pesetas, conforme o disposto no artigo 14 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11, apartado 3º do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan deberán realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa, cun orzamento de 3.543.549.084 ptas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a previa autorización da Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio en Lugo poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicarlle a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será dun ano a partir da data desta resolución.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Gamesa no seu plan eólico.

Quinta.-A empresa, como requisito necesario para a aplicación ás instalacións que se autorizan do réxime especial creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, deberá inscribir aquela no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma

de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG 14-7-1995), no prazo de 2 meses, contados a partir da data da acta de posta en marcha da instalación. O parque interconectarase ó sistema centralizado, que se o caso, estableza a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencia ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Sétima.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento das condicións impostas nesta resolución, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no punto 4 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia.

Oitava.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1175/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

3919