Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 26 de maio de 1998 Páx. 5.749

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/27-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Cerámica Mas, S.A.

Domicilio social: O Cerquido, 36400 O Porriño.

Denominación: central de coxeración no Cerquido.

Situación: O Porriño.

Descricións técnicas: grupo motoxerador de 1.100 kW. Equipo de protección, control, refrixeración, etc. Aparellos eléctricos, transformación 1.600 kVA e acoplamento. O combustible que se vai utilizar é o gas natural no Cerquido, concello do Porriño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 15 de abril de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

3913