Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 26 de maio de 1998 Páx. 5.735

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1998 pola que se declara deserto o posto para o que se convocou concurso de méritos por Resolución do 3 de febreiro de 1998.

Mediante Resolución do 3 de febreiro de 1998 da Universidade de Vigo (DOG do 25) convócase concurso de méritos para a porvisión dun posto de traballo de persoal funcionario de administración e servicios desta universidade.

De conformidade co apartado 4.1. das bases da convocatoria, o prazo para a presentación de solicitudes é de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Finalizado este prazo sen terse presentado ningunha solicitude, é polo que este rectorado, de conformidade coas bases da convocatoria, acorda dicta-la seguinte resolución,

Declarar deserta a vacante de director/a biblioteca universitaria, nivel de complemento de destino 28, adscrición A1/A4, grupo A, corpo EX 11.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación no Boletín Oficial del Estado, logo do anuncio a esta universidade de conformidade co exposto na

Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 22 de abril de 1998.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

4023