Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 30 de abril de 1997 (BOE do 22 de maio) para a provisión dunha praza de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de didáctica e organización escolar, do departamento de Didáctica, Organización Escolar
e Métodos de Investigación, a prol de Manuela Raposo Rivas, con documento nacional de identidade número 33.321.942, e cumprindo a interesada os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Manuela Raposo Rivas profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de didáctica e organización escolar, do departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación.
Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOE.
Vigo, 22 de abril de 1998.
José Antonio Rodríguez Vázquez
Rector da Universidade de Vigo
3946