Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 26 de maio de 1998 Páx. 5.735

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1998 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de análise matemática, do departamento de Matemáticas, a María del Carmen Vázquez Pampín (praza 52/1997).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 13 de xuño 1997 (BOE do 3 de xullo) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de análise matemática, do departamento de Matemáticas, a prol de María del Carmen Vázque Pampín, con documento nacional de identidade número 32.790.889, e cumprindo a interesada os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María del Carmen Vázquez Pampín profesora titular de universidade da área de coñecemento de análise matemática, do departamento de Matemáticas.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 22 de abril de 1998.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

3849