Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 26 de maio de 1998 Páx. 5.736

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (76/1997-3).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela dou fe que no xuízo de menor contía que se segue neste xulgado co número 76/1997-3, se dictou a sentencia, da que o encabezado e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentencia: en Santiago de Compostela o catorce de abril de mil novecentos noventa e oito, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade dictou a presente resolución no procedemento civil de declarativo menor cuantía seguido neste xulgado co número 76/1997-3, no que actuaron como demandante Francisco Fernández Vázquez, maior de idade e veciño de Santiago de Compostela, representado pola procuradora dos tribunais Mª Soledad Sánchez Silva e asistido polo letrado Alberto Torreiro Santiso, e como demandados Juan José Mosquera Mosquera, Concepción Pardo Fabeiro, Albino Munín Munín, Eugenia Pampín Prieto, Juan Iglesias Miras e Carmen Raposo Montoro, maiores de idade e veciños de Santiago de Compostela, excepto Concepción Pardo Fabeiro, que se encontra en ignorado paradoiro, representado o primeiro polo procurador dos tribunais Carlos Fernández Rial e asistido polo letrado Jesús Maroño Barreiro, sendo declarados en

rebeldía os demais demandados, sobre elevación a escritura pública de contrato.

Decido que debo condenar e condeno os demandados a que en fase de execución de sentencia e sempre que previamente a parte actora consigne neste xulgado a suma de 300.000 pesetas para a súa entrega como prezo restante á parte demandada,

comparezan ante notario para elevar a escritura pública o contrato do 9-8-1982 aportado coa demanda, con imposición das custas á parte demandante. Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación perante a audiencia provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a súa notificación. Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e sirva de notificación a demandada rebelde Concepción Pardo Fabeiro, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o 24 de abril de 1998.

A secretaria

Rubricado

3835