Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 25 de maio de 1998 Páx. 5.696

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

CONTRATACIÓN de servicio.

O Instituto Galego de Medicina Técnica está interesado na contratación dun estudio de valoración por parte dos usuarios da asistencia recibida nas unidades clínicas xestionadas por este.

Nº expediente: CTRL/11/98.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas centrais do instituto, praza Europa 5A-6B Área Central-As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, de 9 a 14 horas, nos dez días naturais a partir da data de publicación no DOG.

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas centrais do instituto, en Santiago de Compostela, no horario e prazo sinalado, ou no Tlfno. (981) 57 76 50. Fax (981) 57 78 43.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 1998.

Carlos Crespo Sabarís

Director xerente

4811