Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 25 de maio de 1998 Páx. 5.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 1998 pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto, para a contratación da obra do campo de fútbol na Xunqueira (Pontevedra).

Tipo de licitación: 141.547.357 pesetas.

Fianzas: definitiva 4% do prezo da adxudicación.

Clasificación: grupo C, tódolos subgrupos, categoría E; e grupo I, subgrupos 6 e 9, categoría B.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación no BOP.

Apertura de plicas: no pazo provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra.

Teléfono: (986) 80 41 01.

Pontevedra, 24 de abril de 1998

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado

4780