Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 25 de maio de 1998 Páx. 5.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 1998 pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto, para a contratación da subministración de diversa maquinaria con destino ó parque de maquinaria.

Tipo de licitación:

Lote 1: un tractor agrícola 4x4, 10.000.000 de ptas.

Lote 2: dúas rozadoras hidráulicas, 4.000.000 de ptas.

Lote 3: dous limpa-praias, 8.900.000 ptas.

Lote 4: un rolo vibrante-tándem, 12.000.000 de ptas.

Lote 5: dous camións de caixa abatible 6x4, 30.000.000 de ptas.

Lote 6: un vehículo todo-terreo 4x4, 5.100.000 ptas.

Lote 7: un camión de caixa abatible, 14.000.000 de ptas.

Fianzas: provisinal do 2% do tipo de licitación; definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no pazo provincial, ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Tfno: (986) 80 41 01.

Pontevedra, 24 de abril de 1998.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado

3929