Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 25 de maio de 1998 Páx. 5.696

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA DE PONTEVEDRA

CONVOCATORIA de asemblea xeral constituínte.

De conformidade co disposto estatutariamente e por acordo do Consello de Administración, convó-

case asemblea xeral da Caixa de Aforros de Pontevedra, en sesión constituínte, co fin de completa-la súa composición, unha vez finalizado o proceso de renovación por metades dos representantes dos diferentes grupos que a forman.

A sesión tera lugar o día 17 de xuño de 1998, no Auditorio, situado no edificio social da entidade, situado na rúa Augusto González Besada, 2 e 4 de Pontevedra (acceso pola rúa San José), ás 19 horas na primeira convocatoria, e de non reunirse o quórum neceseario, en segunda convocatoria o mesmo día e en igual lugar ás 19.30 horas, para trata-los asuntos comprendidos na seguinte orde do día:

1. Confección da relación de asistentes para determinación do quórum e subseguinte constitución válida asemblea.

2. Apertura da reunión pola presidencia.

3. Elección de vocais, titulares e suplentes, do Consello de Administración.

4. Elección de membros, titulares e suplentes, da comisión de control.

5. Acordo sobre aprobación da acta da sesión.

Durante o prazo de cinco días naturais, contados desde a data da publicación desta convocatoria no DOG, poderanse propoñer candidaturas ante a comisión electoral, para os efectos previstos no apartado terceiro e cuarto da orde do día.

Pontevedra, 20 de maio de 1998.

Manuel Campos Villarino

Presidente do Consello de Administración