Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 25 de maio de 1998 Páx. 5.692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO da convocatoria de varias prazas vacantes do cadro de persoal funcionario deste concello.

No BOP de Pontevedra nº 66 do 7 de abril de 1998, publicáronse as bases xerais e específicas que rexerán a convocatoria das probas selectivas das seguintes prazas do cadro de persoal funcionario:

Funcionarios de carreiraNº prazasSistema provisión

Técnico da Admón. xeral1Concurso-oposición promoción interna

Técnico auxiliar Servicio Medio Ambiente1Oposición libre

Idem/Servicio Normalización Lingüística/Negociado Actas1Concurso-oposición libre

Idem/Servicio Animación Cultural (Cultura)1Concurso-oposición libre

Idem/Servicio Ensino, Turismo, Xuventude e Desenvolvemento Local1Concurso-oposición libre

Idem/Servicio de Consumo (OMIC)1Oposición libre

Auxiliar da Admón. xeral4Concurso-oposición libre

Cabo policía local1Concurso promoción interna

Oficial albanel1Concurso-oposición libre

Oficial albanel1Concurso-oposición promoción interna

Oficial carpinteiro1Concurso-oposición promoción interna

Oficial electricista1Concurso-oposición promoción interna

Oficial padexeiro1Concurso-oposición libre

Oficial soldador1Concurso-oposición promoción interna

Operario de servicios5Concurso-oposición libre

As instancias nas que se solicite tomar parte no procedemento selectivo poderán presentarse no rexistro xeral deste concello ou por medio das demais formas previstas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dentro do prazo de 20 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOE. Así mesmo, de conformidade co sinalado na base III das xerais da convocatoria e no Decreto 121/1995, do 20 de abril, da Xunta de Galicia, publí

canse integramente as bases específicas correspondentes á praza de cabo da policía local:

Unha praza de cabo da policía local.

1º.-Número de prazas, natureza e características.

Convócase unha praza de cabo da policía local, correspondente á escala executiva da policía local (conforme disposición transitoria 2, apartado b, da Lei 3/1992, de coordinación da policías locais de Galicia) e emarcada no grupo D: escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase policía local, categoría cabo. Está dotada coas retribucións básicas correspondentes ó seu grupo de titulación e as complementarias ó posto de traballo a que se adscriba a praza.

2º.-Sistema de selección.

Establécese o de concurso de méritos por promoción interna.

3º.-Condicións dos aspirantes.

Para tomar parte neste concurso, non se terán en conta os requisitos sinalados na base IV das xerais, dado o seu carácter de promoción interna, sendo necesario unicamente reuni-los seguintes:

a) Estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente, tendo en conta, neste caso o sinalado na base IV.c) das xerais.

b) Ser funcionario en propiedade do Concello de Vilagarcía de Arousa, con posto de garda, pertencente á escala executiva da policía local (conforme disposición transitoria 2, alínea b, da Lei 3/1992, de coordinación das policías locales de Galicia) e que corresponde á escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase policía local, categoría garda, e contar con dous anos de servicios ininterrompidos na devandita categoría.

c) Estar en posesión do carné de conducir das clases A-1, A-2, B-1 e B-2.

Todo iso sen prexuízo de que se cumpran os demais requisitos recollidos no Art. 25.5º da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais de Galicia.

4º.-Fase de concurso.

Nesta fase o tribunal examinará e cualificará os méritos dos aspirantes de acordo cos documentos e xustificantes, que debidamente acreditados, foran presentados polos aspirantes xunto coas súas instancias, e consonte o seguinte baremo de méritos (Orde 2-7-1997 da Consellería de Xustiza e Relacións Laborais). En consecuencia e para esta praza non se utilizará o baremo que figura na base XIII das xerais.

1. Capacitación: valoración total máxima 35 puntos.

Conceptos específicos:

a) Titulacións académicas: (maxímo 12 puntos).

-Título universitario superior: 12 puntos.

-Diplomado universitario: 7 puntos.

-Bacharelato superior: 4 puntos.

Non se valorarán aquelas que figuren como requisito para o emprego.

Só se valorarán as de grao superior.

b) Formación profesional: curso de formación e perfeccionamento (máximo 20 puntos).

-Seminarios, cursos, xornadas, congresos: 0,05 puntos.

-Cursos de 20 a 50 horas: 0,50 puntos.

-Cursos de 51 a 100 horas: 1 punto.

-Cursos de 101 a 150 horas: 1,50 puntos.

-Cursos de 151 a 200 horas: 2 puntos.

-Cursos de 201 a 250 horas: 2,50 puntos.

-Cursos de máis de 250 horas: 3 puntos.

A puntuación máxima por cursos será de 15 puntos.

-Profesor: 0,05 puntos por hora, non podendo exceder de 5 puntos.

Os cursos selectivos para o ingreso e a promoción interna non serán obxecto da puntuación.

Os cursos de dispensa dun grao non serán puntuables se estes xa se tivesen en conta para os efectos de titulación na promoción interna.

Valoraranse exclusivamente os cursos relacionados con actividades policiais, e impartidos polas administracións públicas ou centros oficiais de formación.

Esta puntuación aplicarase ós cursos nos que se acredite a asistencia; cando se acredite o aproveitamento puntuarase o dobre.

c) Exercicio do mando. Puntuación máxima 8 puntos.

-Ano completo de responsable do cadro de persoal policial: 1 punto.

-Ano completo de responsable do servicio ou unidade: 0,5 puntos.

Referido exclusivamente ó emprego que posúe.

2. Mencións honoríficas: valoración total máxima 10 puntos.

a) Mencións honoríficas concedidas pola Xunta de Galicia:

1ª categoría (ouro): 10 puntos.

2ª categoría (prata): 5 puntos.

Colectiva: 2 puntos.

b) Mencións honoríficas concedida pola Corporación Municipal de 1 a 5 puntos.

Non se valorarán varias mencións polo mesmo feito.

3. Antigüidade: valoración total máxima 15 puntos.

Antigüidade no corpo da policía local:

Ano completo de servicios prestados no corpo da policía local valorarase: 1 punto.

4. Cultura profesional, humanística e deportiva: valoración total máxima 15 puntos.

Conceptos específicos:

a) Cultura profesional e humanística: dirixidos á formación policial. (Puntuación máxima 15 puntos).

-Libro: 3 puntos.

-Relatorio publicado: 1 punto.

-Artigo publicado: 0,10 puntos, ata un máximo de 1 punto.

-Lingua galega (acreditado con certificado oficial da Xunta de Galicia).

-Idiomas (acreditado pola Escola Oficial de Idiomas ou institución oficial similar).

-Outros estudios oficiais.

Estes tres últimos apartados puntuarán segundo o grao, isto é, certificado grao superior, 5 puntos; certificado grao medio, 2 puntos, e grao elemental, 1 punto.

b) Cultura deportiva (puntuarase a clasificación dos tres postos de podio en calquera modalidade deportiva federada (senior). Puntuación máxima 5 puntos:

-Olímpico ou campión internacional: 5 puntos.

-Campión de España: 3 puntos.

-Campión de Galicia: 1 punto.

5. Valoración profesional: valoración total máxima 25 puntos.

a) Informes do concello sobre traxectoria profesional, ata un máximo de 10 puntos.

b) Presentación e defensa perante o tribunal dun proxecto organizativo do posto de traballo a que se aspira, ata un máximo de 15 puntos.

5º.-Cualificación do concurso.

Conforme a puntuación do baremo de méritos da base anterior e o sinalado nas bases xerais segundo corresponda.

6º.-Tribunal.

O/A representante da Comunidade Autónoma será designado pola consellería competente por proposta da Academía Galega de Seguridade de entre os profesionais da policía local de Galicia.

7º.-Curso de aptitude.

O aspirante proposto polo tribunal, unha vez presentada a documentación esixida nas bases, será nomeado cabo da policía local en prácticas, percibindo as retribucións que legamente correspondan a esta situación, debendo superar un curso de formación teórico-práctico (aptitude) na Academia Galega de Seguridade, antes do seu nomeamento definitivo, coas características e contido que se contén no Decreto 121/1995, do 20 de abril, da Xunta de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Vilagarcía de Arousa, 20 de abril de 1998.

Xoaquín Xavier Gago López

Alcalde

4809