Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 25 de maio de 1998 Páx. 5.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do avance do PEPRI de Bouzas.

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 17 de abril de 1998, deuse por informado do contido do documento de avance da revisión do PEPRI de Bouzas, conforme a documentación presentada pola arquitecta Mª Asunción Leboreiro Amaro.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, e un xornal dos de maior circulación da provincia e taboleiro da Casa do Concello.

Significando que o prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de Inforamción da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

Vigo, 22 de abril de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde, presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

3852