Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 25 de maio de 1998 Páx. 5.683

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos 452/1997 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se mencionan a continuación as resolucións dos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

Nº de expediente: 452/97.

Dewnunciado: Ángel Antonio Prado Sánchez.

DNI: 33.273.826.

Enderezo: San Clemente, 6-2º A. Santiago de Compostela.

Establecemento: Juventud.

Precepto infrinxido: artigo 26 e) da Lei 1/1992.

Precepto sancionador: aritgo 28 da Lei 1/1992.

Sanción imposta: 20.000 pesetas.

Nº de expediente: 479/97.

Denunciado: Ángel Antonio Prado Sánchez.

DNI: 33.273.826.

Enderezo: San Clemente, 6-2ºA. Santiago de Compostela.

Establecemento: Juventud.

Precepto infrinxido: artigo 26 e) da Lei 1/1992.

Precepto sancionador: artigo 28 da Lei 1/1992.

Sanción imposta: 25.000 pesetas.

Nº de expediente: 751/97.

Denunciado: Alberto Fernández Requejo.

DNI: 33.278.805.

Enderezo: rúa Nova de Abaixo, 11-5º A. Santiago de Compostela.

Establecemento: Afrekete.

Precepto infrinxido<: artigo 26 e) da Lei 1/1992.

Precepto sancionador: artigo 28 da Lei 1/1992.

Sanción imposta: arquivo por caducidade.

Nº de expediente: 789/97.

Denunciada: Mª Purificación Pereiro Camino.

DNI: 33.217.648.

Enderezo: Rodrigo de Padrón, 11-3º. Santiago de Compostela.

Establecemento: Mesón de Lázaro.

Precepto infrinxido: artigo 23 d) da Lei 1/1992.

Precepto sancionador: artigo 28 da Lei 1/1992.

Sanción imposta: sobresemento de actuacións.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exericio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º d) da LOSC.

A resolución dictouse de acordo cos artigos 137 da Lei 30/1992, do 26 de novembro e 20 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, e contra el poderá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais no prazo dun mes contado a partir da recepción da presente resolución. Advírtese que, de non interpoñe-lo recurso en tempo e forma, deberá aboa-la multa nunha entidade bancaria mediante a utilización do impreso que poderá recoller nas depedencias desta delegación provincial, dentro dos quince días seguintes á data de remate do prazo para recorrer contra esta resolución, procedéndose en caso contrario á exacción pola vía de constrinximento, nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987.

A Coruña, 20 de abril de 1998.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

4733