Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 25 de maio de 1998 Páx. 5.683

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/124-2, 4814 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 27000 Lugo.

Denominación: reelectrificación, de Chafaricas-Sancobade.

Situación: Vilalba.

Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-30 DE 31,10 mmAl, cunha lonxitude de 570 metros, sobre apoios de formigón e torres metálicas. Centro de transformación de 25kVA 20.000/380-220 ±5% V, sobre torre metálica. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95/50/25 Al, para mellora do servicio eléctrico en Chafaricas-Sancobabe. Concello de Vilalba.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade esta

blecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 23 de abril de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3971