Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 25 de maio de 1998 Páx. 5.678

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/89-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., R.B.T. Vigueira-Verducedo.

Situación: Montederramo.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 2.244 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe na L.M.T. Vigueira de Arriba-Cadaval e remate no C.T. Verducedo.Rede de baixa tensión aérea desde o C.T. de Verducedo con 1.880 metros, en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 17 de abril de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

3960