Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 25 de maio de 1998 Páx. 5.679

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1998 pola que se lle renova a Estudios Alfa a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador autorizado de gas, para as categorías IG-I a IG-IV.

Vista a solicitude presentada por Salvador Alfa Fernández en representación de Estudios Alfa e a documentación anexa, na que solicita que lle sexa renovada a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos de instaladores de gas grupos IG-I ó IG-IV.

Vista a Orde do 17 de diciembre de 1985 pola que se aproban a instrucción sobre documentación e posta en servicio das instalacións receptoras de gas combustible e a instrucción sobre instaladores autorizados de gas e empresas instaladoras (BOE 9-1-1986).

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos, a Dirección Xeral de Industria,

RESOLVE:

Renovarlle a Estudios Alfa a cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos de formación de instaladores de gas, de conformidade co establecido no capítulo III da Orde de 17 de decembro de 1985, en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para imparti-los cursos, presentará perante a Delegación Provincial de Industria e Comercio da provincia correspondente, fotocopia da presente resolución, táboa de tarefas e programación de cursos previstos.

Para efectos estatísticos e de control, presentará nas delegacións provinciais de Industria e Comercio onde exerza a suá actividade, unha memoria anual de actuacións e nesta dirección xeral un resumo delas mesmas na Comunidade Autónoma.

Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que acreditará perante esta Dirección Xeral de Industria e Comercio, o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

3961