Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 25 de maio de 1998 Páx. 5.678

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 290/1997).

De conformidad co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 30 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese á información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na Avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV, sobre apoios de formigón e tubulares e con conductor LA-56, de 1.005 m de lonxitude, con orixe na liña Pedrido-Guimil (expediente 50387) e final en C.T. que se instalará de Boade. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de

20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de

50 m en Boade. Municipio de Aranga (expediente 290/1997).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Boade.

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria podrán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e solicitar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª andar, edificio administrativo (Monelos), plaza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña, podendo formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes á presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 17 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 290/1997Provincia: A Coruña

L.M.T. ó C.T. BoadeTermo municipal: Aranga

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVolo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2A LousaPradoCarmen Vázquez PérezFragachá, 1, 25317 Aranga10100

6A LousaMonte baixoHros. Francisco Sánchez Santan

Ref. Carmen Vázquez Pérez

Fragachá, 1, 15317 Aranga3 e 432001.832

27BoadePradoJaime Souto LobeirasBoade, 6, 15317 Aranga52481

4121