Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 22 de maio de 1998 Páx. 5.638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CHANTADA

ANUNCIO.

No BOP de Lugo nº 80 do 8 de abril de 1998, aparecen publicadas as bases que rexerán a oposición para cubrir en propiedade, mediante oposición libre, dúas prazas de auxiliares administrativos da Administración xeral, vacantes no cadro de persoal desta corporación.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do presente extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os dereitos de exame fíxanse en 2.000 pesetas.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do concello ou do xeito que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Os sucesivos anuncios en relación con esta convocatoria serán publicados no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios do concello.

Chantada, 21 de abril de 1998.

Manuel Varela Rodríguez

Alcalde

José A. Fente Ledo

Secretario

4728