Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 22 de maio de 1998 Páx. 5.639

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

EDICTO.

A Corporación Municipal, en sesión extraordinaria celebrada con data do 13 de maio de 1998, tomou coñecemento do avance do plan xeral de ordenación urbana do concello de Fene, revisión 1993 acordando abrir un período de información pública polo prazo de mes e medio contado a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no DOG, durante o cal as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que coiden oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que consideren procedentes.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Fene, 14 de maio de 1998.

Xosé Mª Rivera Arnoso

Alcalde

3896