Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 22 de maio de 1998 Páx. 5.638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 7 de maio de 1998, aprobou o prego de condicións económico-administrativas para a contratación por concurso, procedemento aberto, as obras praza Ramil-Sísamo, o cal se expón ó público por prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio no DOG, BOP, ou prensa para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público, se ben a licitación se adiará cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Tipo de licitación: 12.000.000 de ptas, realizándose a mellora mediante baixa respecto ó mesmo.

Prazo de execución: será de dúas anualidades.

Fianza provisional: 240.000 ptas.

Fianza definitiva: 4% do orzamento do contrato.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na Casa do Concello ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas, salvo se é sabado, en que se trasladará o luns seguinte.

Proposicións:

-Lugar e prazo de presentación. Presentaranse no rexistro xeral da corporación en horario de 9 a 14 horas, dentro do prazo dos vinteseis días naturais contadosr do día seguinte á última publicación do presente anuncio no DOG, BOP, ou prensa.

-Documentación. Presentarase en tres sobres pechados:

Sobre A: subtitulado «Oferta económica».

Sobre B: subtitulado «Personalidade xurídica e xustificantes».

Sobre C: subtitulado «Referencias técnicas» e axustados ó modelo que figuran no prego de condicións que se encontra exposto ó público nas Oficinas Xerais do Concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 13 de maio de 1998.

Manuel Varela Rey

Alcalde

3862