Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 22 de maio de 1998 Páx. 5.637

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1998, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación de subministración sucesiva de equipamentos para sistemas de infusión para este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto. (Expediente 14/1998).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (Diario Oficial de Galicia do 6-6-1996) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

I. Obxecto: subministración sucesiva de equipos para sistemas de infusión.

II. Orzamento estimado: 34.038.930 ptas. (trinta e catro millóns trinta e oito mil novecentas trinta ptas.). IVE incluído.

III. Fianzas:

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación.

b) Definitiva: 4% do orzamento estimado.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

IV. Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

V. Prazo de execución: un ano, desde o 1 de xuño ou data da sinatura do contrato se é posterior.

Antes do seu vencemento, por mutuo acordo de ámbalas partes, este contrato inicial poderá ser prorrogado nos termos que se establecen no apartado 3.5 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

VI. Admisión de variantes: os licitadores poderán introducir nas súas proposicións varias ofertas, que co mismo ou distinto prezo, pero sempre igual ou inferior ó orzamento de licitación, incorporen, para a prestación de subministración, solucións alternativas as definidas nas prescricións técnicas, nos artigos e especificacións que expresamente se admitan nas citadas prescricións.

VII. Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo I ó prego.

VIII. Solvencia técnica: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo II ó prego.

IX. Criterios de adxudicación:

Prezo: ata un máximo de 5 puntos.

Calidade: ata un máximo de 3 puntos.

Servicio: ata un máximo de 2 puntos.

X. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Departamento de Contratación Administrativa do Hospital Xeral de Galicia, Rúa Galeras s/n 15705 Santiago de Compostela, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas.

XI. Clasificación: non se esixe.

XII. Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Xeral de Galicia, Rúa Galeras s/n 15705 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partires do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo no xeito indicado no apartado 10 do prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

XIII. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Xeral de Galicia ás 10 horas do décimo sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

XIV.- Documentación que deberán aporta-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

XV. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 1998.

Manuel Ariza López

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela

4730