Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 22 de maio de 1998 Páx. 5.636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1998, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (Área Norte), pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, das subministracións seguintes: hidrocoloides (C.P. 5/98 N), papel padiola e secamáns (C.P. 6/98 N), material de laboratorio (C.P. 7/98 N) e material xeral (C.P. 8/98 N).

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (Área Sur), en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 22 de maio de 1996, da Consellería de Sanidade y Servicios Sociais, convoca os seguintes concursos públicos:

Expediente: 5/98 N.

Obxecto: subministración de hidrocoloides.

Orzamento: 3.800.000 ptas. (IVE incluído).

Expediente: 6/98 N.

Obxecto: subministración de papel padiola e secamáns.

Orzamento: 2.720.000 ptas. (IVE incluído).

Expediente: 7/98 N.

Obxecto: subministración de material de laboratorio e tiras reactivas de urina e tiras reactivas determinación glicosa no sangue.

Orzamento: 3.455.000 ptas. (IVE incluído).

Expediente: 8/98 N.

Obxecto: subministración de material xeral: luvas látex, vendas elásticas crepadas e cohesivas, apósitos autoadhesivos, compresas gasa, agullas para plumas de insulina.

Orzamento: 12.551.000 ptas. (IVE incluído).

1. Prazo de entrega: os bens obxecto dos concursos referidos entregaranse no prazo de 15 días contados desde a data de adxudicación do contrato, e tendo en conta o previsto no apartado 2.2. do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen cada contratación.

2. Fianzas:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: será do 4% do orzamento de licitación do artigo ou artigos adxudicados.

3. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

4. Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante declaración relativa a cifra de negocios global e das subministracións realizadas pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

5. Solvencia técnica: acreditarase aportando as certificacións ás que se refire o artigo 18 apartado e) da LCAP e mostras dos artigos que se vaian subministrar.

6. Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula décimo primeira do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen os presentes concursos.

7. Documentación de interese para os licitadores. o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, pode ser solicitado na Xerencia de Atención Primaria, rúa México 26 - 1ª planta (Vigo), teléfono (986) 81 64 66, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

8. Presentación de proposicións: deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26 - 4ª, 36204 - Vigo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

9. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, rúa de México 26 - 6ª planta de Vigo, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

10. Documentación que deberán achega-los licitadores: a sinalada no punto nove do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Anuncios: o pagamento dos anuncios dos presentes concursos públicos correrá por conta dos adxudicatarios deles.

Vigo, 28 de abril de 1998.

Alberto García Pazos

Director xerente de Atención Primaria

de Pontevedra-Vigo

4318