Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 22 de maio de 1998 Páx. 5.633

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se fai pública a resolución de imposición da sanción correspondente ó expediente sancionador en materia de espectáculos públicos OR-E-0003/98.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan a continuación as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infraccióin da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Número de expediente: OR-E-0003/98.

Denunciado: Martín González Domíngez y Otros, C.B.

CIF: E-32219040.

Enderezo: r/ Valle Inclán, nº 31, Soto. Ourense.

Establecemento: Pub Down-31.

Precepto infrinxido: artigo 23 ñ) da Lei 1/1992, en relación co 26 e), da citada lei.

Importe da sanción: 250.001 ptas.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial, número 2046-0030-24-404000200-4 de Caixa Ourense, sucursal Torre de Ourense, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte no que esta resolución sexa executiva. Para efectua-lo ingreso deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na oficina desta delegación provincial, sita en Avda. da Habana, 79-1ª esquerda, en Ourense.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 21 de abril de 1998.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

4319