Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 22 de maio de 1998 Páx. 5.632

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fan públicos os acordos de iniciación dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos 123, 124 e 241/1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notificaselles ás persoas que no anexo se mencionan os acordos de inicación dictados en expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º d) da Lei orgánica 1/1992.

Noméase instructora do expediente a xefa da Sección de Asociacións e Espectáculos, Margarita Olmo Bosco, e secretaria a xefa de grupo, Mª Teresa Iglesias Lugrís, que poderán ser recusadas en calquera momento da tramitación do expediente nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente notificación, para exerce-lo dereito de audiencia e formular alegacións, presentar documentos ou as informacións que considere convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade cos efectos previstos no artigo 8.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da inicación do procedemento, no prazo indicado a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A Coruña, 14 de abril de 1998.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Número expediente: 123/1998.

Denunciado: José Luis López Oro.

Enderezo: Pla y Cancela nº 30, A Coruña.

Establecemento: Mesón Os Bocois.

Precepto infrinxido: 26 e) L.O. 1/1992.

Precepto sancionador: 28 L.O. 1/1992.

Multa máxima: ata 50.000 ptas.

Número expediente: 124/1998.

Denunciado: José Luis López Oro.

Enderezo: Pla y Cancela nº 30, A Coruña.

Establecemento: Mesón Os Bocois.

Precepto infrinxido: 23 l) L.O. 1/1992.

Precepto sancionador: 28 L.O. 1/1992.

Multa máxima: ata 5.000.000 de ptas.

Número expediente: 241/1998.

Denunciado: Óscar Roberto Martarelli. DNI 1819416.

Enderezo: Montero Ríos nº 10, Santiago de Compostela.

Establecemento: Café Bar Acme.

Precepto infrinxido: 26 e) L.O. 1/1992.

Precepto sancionador: 28 L.O. 1/1992.

Multa máxima: ata 50.000 ptas.

3946