Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 22 de maio de 1998 Páx. 5.634

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, pola que se anuncia o concurso público 9/1998, polo procedemento aberto, tramitado con carácter ordinario, para a contratación da xestión informatizada do servicio de mantemento deste complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Contratación da xestión informatizada do servicio de mantemento do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor.

Orzamento máximo de licitación: 14.800.000 (IVE incluído) en cómputo anual.

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público nº 9/1998 tramitado con carácter ordinario.

Prazo de execución: desde a data da sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1998.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica e financeira: acreditarase segundo o disposto no artigo 16, alínea c) da LCAP.

Solvencia técnica: acreditarase segundo o disposto no artigo 19, alínea b), e) e f) da LCAP.

Clasificación económica: non se require.

Fianza provisional: 2% do orzamento máximo de licitación autorizado.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Criterios de adxudicación: programa informático: 30 puntos; grao de desenvolvemento de procedementos de xestión de mantemento: 20 puntos; grao de implantación do programa noutros centros sanitarios: 20 puntos; prezo: 10 puntos; experiencia en centros sanitarios: 10 puntos; perfil do persoal aportado: 10 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Unidade de Contratación do complexo hospitalario, rúa Ramón Puga nº 52 (edificio de Administración, planta baixa) de Ourense, en días laborables, agás sábados, das 9 ás 13 horas.

Presentación de proposicións: presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 13 horas do vixésimo sexto día natural contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviarse por correo dentro do prazo sinalado. No caso de

que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación rematará o día hábil seguinte.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988) 38 55 50 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección de Xestión do complexo hospitalario, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contados desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 21 de abril de 1998.

Pedro A. Soler Bordoy

Director xerente do Complexo Hospitalario

Cristal-Piñor de Ourense

4323