Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 22 de maio de 1998 Páx. 5.629

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/122-2, 4812 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Barras eléctricas, S.A.

Domicilio social: r/Cidade de Viveiro, 27000 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Roas.

Situación: Cospeito.

Características técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, de 678 m, 356 m, 110 m, 258 m, 360 m, e 788 m, de lonxitude, con conductor LA-56 de 55 mm Al, sobre apoios de formigón e trorres metálicas. Seis centros de transformación de 50 o 100 kVA 20.000/380-220 V sobre torre metálica. Redes de baixa tensión con conductor R.Z.-95/50/25 Al, para mellora do servicio eléctrico en Muíños, Ruanova, Insua, Pino, Estrada, Fábrica, Casabranca, Carballiños e Roas, concello de Cospeito.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 23 de abril de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3875