Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.
Domicilio social: r/Cidade de Viveiro, 27000 Lugo.
Denominación: reelectrificación de Pasaído-Torre.
Situación: Vilalba.
Características técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 68 m, sobre apoios de formigón e torres metálicas. Centro de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión con conductor R.Z.-95/50 Al, para mellora do servicio eléctrico en Pasaído-Torrres, concello de Vilalba.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 23 de abril de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
4082