Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 22 de maio de 1998 Páx. 5.630

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 15 de abril 1998, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se fan públicas as notificacións das resolucións dos recursos ordinarios dos expedientes sancionadores PO-0142-97 e dous máis.

De conformidade co dispuesto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que se citan a continuación, a resolución dos recursos ordinarios dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (Diario Oficial de Galicia do 27 de maio), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte á publicación deste edicto, para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial de Pontevedra (Vigo) da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (r/ Palma, nº 4 - Vigo) e presenta-lo recurso correspondente.

Nº de expediente: PO-0142-97.

Denunciado: Juan Manuel Otero Torres.

Enderezo: A Salgueira, 72-Sanxenxo-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.14º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: cen mil pesetas (100.000 ptas.).

Recurso ordinario presentado o día: 14 de xullo de 1997.

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria, confirmando a sanción de cen mil pesetas (100.000 ptas.).

Nº de expediente: PO-0143-97.

Denunciado: Jacobo Naveiro Parada.

Enderezo: Lordelo, nº 51-O Grove-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.14º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: cen mil pesetas (100.000 ptas.).

Recurso ordinario presentado o día: 2 de xullo de 1997.

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria, confirmando a sanción de cen mil pesetas (100.000 ptas.).

Nº de expediente: PO-0342-97.

Denunciado: Mª del Carmen Lijo Martínez.

Domicilio: Balea, 52-O Grove-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.1º, 6.7º, 6.10º, 6.12º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: duascentas dez mil dúas pesetas (210.002 ptas.).

Recurso ordinario presentado o día: 31 de xullo de 1997.

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria, confirmando a sanción de duascentas dez mil dúas pesetas (210.002 ptas.).

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (Diario Oficial de Galicia nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo. Título da conta: Tesouro da Facenda galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións. Delegación de Vigo (Pontevedra). C/C nº 2091-0501-66-3110000041, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. De non seren aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobro pola vía de constrinximento regulamentaria.

Vigo, 15 de abril de 1998.

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)

3876