Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 22 de maio de 1998 Páx. 5.628

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se outorgou o permiso de investigación Carballeda, número 2590.

A Delegación Pronvincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, fai saber que, con data do 6 de febreiro de 1998, se otorgou o permiso de investigación Carballeda nº 2590, de 4 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Lalín, da provincia de Pontevedra.

O que se fai público para o seu xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 21 de abril de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

4020