Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: cambio de tensión a 20 kV Palmeira-Corrubedo.
Situación: Ribeira.
Descricións técnicas: regulamentación C.T. Muiñeira mediante unha L.M.T. aéra a 20 kV de 0,153 km con orixe no apoio 55 da L.M.T. a C.T. Bretal (expediente 6042) e final no apoio 58-2 da L.M.T. Corrubedo (expediente 6042), en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoios de formigón. C.T. intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V en Muíños. C.T. intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V en Olveira. Modificacións necesarias nas instalacións de setenta (70) CC.TT., para adecualos á tensión 20 kV (de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. e particulares). R.B.T. aérea de 0,142 km con orixe no C.T. Muíños e Olveira, en conductor R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 18 de abril de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
3811