Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 22 de maio de 1998 Páx. 5.628

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/87-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Hidroeléctrica de Silleda.

Domicilio social: apartado, 6, 36540 Silleda.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Filloi-Raigosa.

Situación: Forcarei.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV, de 600 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios metálicos e de formigón, desde o C.T. de Valiñaxemia ata o C.T. que se proxecta en Filloi-Raigosa, concello de Forcarei. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea de 250 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 22 de abril de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

4084